Encuentra ofertas
Que ver en La Merca
A 16 km de Ourense pola C-540 Ourense-Portugal, a ambos lados do río Arnoia, entre as ladeiras dos Castros de Trelle ó norte e as derradeiras estribacións de San Cibrao ó sur, encóntrase o Concello de A Merca.
A súa altitude media xira ó redor dos 500 metros, destacando os montes de Barracel (856 metros). A súa rede hidrográfica está organizada ó redor de Arnoia e do Barbaña.
O sector primario é a base económica deste concello. Testemuña da tendencia agrícola destas terras é o magnífico conxunto de canastros que se poden contemplar na Merca.
Na Peneda da Lebre, Outeiro de San Marcos e Monte de Castro Olás, existen restos arqueolóxicos que demostran a súa ocupación con anterioridade á chegada dos romanos Os vestixios arqueolóxicos existentes fan referencia a un importante fenómeno castrexo, particularmente intenso en torno ó río Arnoia, onde os castros dispóñense obedecendo a un criterio defensivo. Así mesmo, o paso da vía romana que unía Braga con Lugo, favoreceu a romanización.
Durante a Idade Media tivo lugar unha importante colonización monacal ligada ó convento benedictino de San Rosendo de Celanova, fundado no século X. O devandito Mosteiro, sostivo importantes litixios cos señoríos que posuían cotos no territorio municipal, entre eles o señorío dos Duques de Braganza en nome da monarquía portuguesa, a de os Condes de Monterrei e a do Conde de Ribadavia.
Sobre el arte resñamos alhunas cosas:A igrexa de San Pedro de A Mezquita formaba un coto que, antes da abolición dos señoríos pertencía ós condes de Monterrei.
Unha lenda conta que foi edificada polo diaño nunha noite. Tamén asegura unha tradición popular, recollida por Madoz, que antes de ser igrexa cristiá fora unha Mezquita Musulmana.
O edificio é un magnífico exemplar románico de finais do XII construído, sobre un templo anterior ó século X e a súa existencia está demostrada cunha escritura da sepultura do mosteiro de San Salvador de Celanova datada en 986. Tamén aparece mencionada en 1012, por mor dun preito entre os monxes de Celanova e un tal Vistruario.
O Municipio dispón de diversos atractivos culturais e paisaxísticos, que xunto coa proximidade á capital lle confiren unha función de recreo. A súa beleza natural permite o desenrolo de rutas de sendeirismo, complementadas con áreas recreativas como a de Rubillón, a beira do río Arnoia.
Ó longo deste río están os máis antigos vestixios, como os castros de A Peneda da Lebre, Outeiro de San Marcos, Castro da Rodela (é o de maiores dimensións) e o do Monte do Castro de Olás.
Que visitar en A Merca:
- Terra de Celanova
- A Bola
- Taboadela
- Bentraces
Destinos de vacaciones cercanos para Casas Rurales
- Ribeira SacraCasas Rurales
- Allariz-MacedaCasas Rurales
- Rairiz de VeigaCasas Rurales
- IrijoCasas Rurales
- RubianaCasas Rurales
- Terra de TrivesCasas Rurales
- Coles (desambiguación)Casas Rurales
- Castrelo de MiñoCasas Rurales
- Pereiro de AguiarCasas Rurales
- Baja LimiaCasas Rurales
- MontederramoCasas Rurales
- ArnoyaCasas Rurales